Foroesgal
06/07/2026
🌟 As Bodegas Martín Códax, en Cambados, convertéronse o pasado sábado nun escenario de luxo para a celebración do Día do Cooperativismo Galego 2026, un acto organizado pola Xunta de Galicia e o Consello Galego de Cooperativas e que incluíu a estrea do Himno do Cooperativismo Galego interpretado pola Banda Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos.
👉 A cita contribuíu, un ano máis, a poñer en valor a importancia achega desta fórmula empresarial á economía galega, cunha facturación anual de arredor de 3.400 M€.
🏅 Mais tamén permitiu recoñecer algunhas das iniciativas máis destacadas do ano.
✅ Os Premios á Cooperaciónestes foron para:
➡️ Algalia Sociedade Cooperativa Galega, co galardón aos valores cooperativos.
➡️Larega Sociedade Cooperativa Galega, co recoñecemento a mellor proxecto cooperativo novo.
➡️Xallas-Santa Comba Sociedade Cooperativa Galega, co premio á traxectoria cooperativa.
✅ En canto aos premios de Cooperativismo no Ensino, neste acto concedeuse o premio na modalidade de mellor proxecto empresarial cooperativo, que foi para o Centro Integrado de Formación Profesional Someso e co áccesit ao centro Nebrija Torre de Hércules.
💫 Para o ForoESGal foi un pracer poder g***r desta fermosa xornada a través do noso presidente, Mino Martínez, e de entidades socias como Agaca e EspazoCoop.
Parabéns a todos os premiados e premiadas! 👏
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
CIFP Someso -Centro Educativo
Cpr. Nebrija Torre de Hércules
03/07/2026
✨ O ForoESGal estivo presente esta mañá, a través do seu presidente, Mino Martínez, e do presidente de Aeiga, Miguel Fernández, no acto de inauguración dunha nova tenda de Arroupa Moda Re- na Coruña.
♻️ Esta empresa de inserción laboral aposta pola economía circular a través da reciclaxe e reutilización téxtil creando ao mesmo tempo oportunidades laborais para persoas en risco de exclusión social.
👉 Un exemplo de economía social e dos valores que esta representa, como a súa capacidade para favorecer a inclusión social e avanzar cara un modelo de consumo máis sostible.
Parabéns polo proxecto! 👏
Arroupa con Moda re-
Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Página web
Dirección
Santiago De Compostela