Partido Popular Sarria
01/07/2026
🎉 Rematado o San Xoán e retomado o ritmo do día a día, dende o Partido Popular de Sarria queremos voltar a vista atrás e dar as grazas a todas as asociacións, colectivos e persoas que traballaron arreo para facernos disfrutar das nosas festas patronais.
Tamén á nosa hostalaría e ao comercio local, sempre ao pé do canón e, por suposto, aos traballadores municipais e corpos de seguridade por coidar de todos nós ✨
Grazas 💙
23/06/2026
🔥Feliz Noite de San Xoán!
20/06/2026
A semana pasada participamos na entrañable homenaxe ao Capitán Francisco Javier González co motivo do seu pase á reserva, tras unha traxectoria de 40 anos de dedicación na Guardia Civil 💚
Desde o Partido Popular de Sarria quixemos acompañalo nesta merecida despedida, que reuniu a veciños, compañeiros e amigos para agradecerlle de corazón a súa cercanía, a súa entrega e o seu compromiso absoluto coa seguridade e o benestar de todos durante este tempo.
A nosa máis sincera gratitude por catro décadas de entrega impecable e os nosos mellores desexos para a nova etapa que agora comeza 🇪🇸
03/06/2026
O pasado venres conmemoramos o aniversario dos dous institutos de Sarria. Dous referentes educativos nos que estudaron miles de alumnos do municipio e da comarca 💙
Desde o PP de Sarria queremos felicitar a toda a comunidade educativa (profesores, alumnos, persoal e familias) que formou e segue a formar parte desta gran traxectoria e de todos os éxitos logrados.
Grazas por seren o motor do talento, o coñecemento e os valores dos nosos mozos e mozas durante este medio século 🌱
25/05/2026
🎆 A Noite Meiga de Sarria tamén recibe a declaración de Festa de Interese Turístico en Galicia
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la organización
Teléfono
Página web
Dirección
Rúa Da Liberdade, 108, Entreplanta A
Sarria
27600