Proxecto Em-Rede

Proxecto Em-Rede

Compartir

16/06/2026

📣 Nova pílula formativa organizada pola asociación Comercio Punto Compostela á que poden asistir de forma gratuíta as persoas asociadas a Em-Rede ☺️

Tratatá sobre a protección de datos. Abordaranse as cuestións básicas e os criterios prácticos da protección de datos no sector comercio, cun enfoque sinxelo e útil para aplicar no día a día. A sesión inclúe un pequeno aperitivo para seguir conversando e intercambiando experiencias.

📍Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
Rúa do Vilar, 54, Santiago de Compostela

📅 Mércores 17 de xuño de 2026
🕣 De 20:30 h a 22:00 h

⚠️ Prazas limitadas! Inscrición escribindo a: [email protected] ou a través do teléfono/WhatsApp 613 10 55 75.

05/06/2026

📣 Volve a festa do comercio local compostelán! Os vindeiros 11, 12 e 13 de xuño poderemos g***r de pasarrúas, a tuacións musicais e teatrais, agasallos… mentres facemos as nosas compras nas tendas do barrio.

A que xa tedes ganas de que chegue? Prontiño a programación ao detalle desta iniciativa do Concello de Santiago en apoio do comercio local.

25/05/2026

Volve o Bono Activa! Máis info ⬇️

📢 Xa está de volta o Bono Activa Comercio!

ℹ️ Poderás descargalo en www.bonosactivacomercio.gal a partir deste mércores ás 9,00 h.

17/05/2026

Feliz Día das Letras Galegas!

Hoxe celebramos, como cada 17 de maio, a nosa lingua e este ano a figura de Begoña Caamaño. Autora, xornalista e activista galega que nos deixou obras como «Morgana en Esmelle» e «Circe pu o pracer do azul» e levou a sororidade por bandeira.

01/04/2026

📣 Tanto se xa levades uns días de descanso como se estades a piques de coller os festivos da Semana Santa, queremos desexarvos unha feliz Pascua 🌼 e tamén lembrarvos que os establecementos vinculados a Em-Rede poden ter horarios especiais nestas datas ou mesmo fechar. Recomendamos chequear nas súas redes sociais os avisos que poida haber. Sede previsores/as nas vosas compras e tede en conta o comercio local para os bens e servizos que poidades precisar ♥️

Consultade en / / a programación desta semana e gozade de todo o que a cidade ten que ofrecer 🌞

¿Quieres que tu organización sea el Organización Sin Fines De Lucro mas cotizado en Santiago de Compostela?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Rúa Rodríguez Carracido 9/Bajo
Santiago De Compostela
15701