RAIBA
Volta afiada e sen adornos.
En Galiza Metálica 143 falamos con Xavi Castro de Raiva, renacendo en formato trío e cun novo tema: “Haiku”.
Tres membros, tres versos, unha mesma intención: ir ao esencial.
Patty Castro & Filipe Marta · S.O.S. Heavy Metal Radio Show
Escoita, descubre, entra.
Xa está fóra “Haiku”, un canto á perseveranza e á necesidade de seguir adiante.
Tras anos de silencio presentámosvos este novo sinxelo unha peza musical que afonda na necesidade vital de resistir, avanzar e atopar a luz mesmo nos momentos máis incertos.
Con Haiku, dámosvos a coñecer a nosa nova identidade sonora e emocional, na que buscamos combinar intensidade e madurez cunha mensaxe a carón dos que recoñecedes a música como un refuxio e un impulso.
A canción naceu dun momento de reflexión colectiva do grupo, no que a idea de seguir adiante —malia as dificultades, os medos ou as dúbidas— foi o eixo central da composición. Do froito desa reflexión saíu a decisión máis coherente da banda, continuar en formato trío, do mesmo xeito que tres versos son capaces de formar un haiku.
O videoclip, elaborado por Adrián Diaño (Diaño Filmes), conseguiu traducir esa mensaxe nunha linguaxe visual potente e simbólica. Con recordos de épocas pasadas do grupo, os tres integrantes (F. Bernardini, á batería, Fran J. Castro, á guitarra, e Xavinho, na voz), seguen un fío vermello que os abocan a reencontrarse con eles e coa súa música.
Raiba comeza unha nova etapa musical e vital que esperamos compartir con vós ao vivo. Aperta infinita !!
👉🏼 Link ao videoclip: https://www.youtube.com/watch?v=xf2irJFPPKo
✔︎ Créditos:
Letra: Xavinho.
Música: Fran J Castro, Xavinho e F. Bernardini.
Voz radio: Fátima Mella.
Canción gravada en Sadman Studios por Carlos Santos.
Videoclip realizado por Adrian Diaño (Diaño Filmes).
✔︎ O noso especial agradecemento á xornalista Fátima Mella pola súa colaboración neste tema.
11/05/2024
Reinventándonos
📸: Belén Bouzas
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la figura publica
Teléfono
Página web
Dirección
Santiago De Compostela