Proxecto Ríos
23/07/2026
📣Xa está aquí a XIX Limpeza Simultánea de Ríos!
📆O domingo 4 de outubro celebramos unha nova edición da Limpeza Simultánea de Ríos, unha oportunidade para implicármonos no coidado dos nosos cursos fluviais e contribuír a mantelos libres de lixo.
Se formas parte dun grupo do Proxecto Ríos, dunha asociación, dun centro de ensino, dun concello ou simplemente queres colaborar co teu grupo de colegas, anímate a participar.
✍🏼Escribe a [email protected] e indícanos:
• O nome que queredes que apareza no cartaz final da Limpeza.
• O concello e o río onde se realizará a limpeza.
• Un contacto (preferiblemente un correo electrónico) para incluír no cartaz, no caso de que non sexa un grupo pechado.
• A dirección postal actualizada e un teléfono de contacto para o envío das camisolas.
🩵Anímate a participar!
🔴Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. e pola Deputación da Coruña
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la organización
Página web
Dirección
Avenida Castelao 20 Baixo
Santiago De Compostela
15704