ACADAR
01/06/2026
👆Os días 27, 28 e 29 de maio realizamos diversos obradoiros de inclusión sociolaboral en Lugo, dirixidos a mulleres con discapacidade.
Grazas a quenes marcaron a na declaración da renda, a asociación ACADAR iniciou o Programa de Inclusión e Transición ao Emprego para mulleres con discapacidade. Este proxecto é posible co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renda.
O teu X pode cambiar a vida de moitas persoas❗
20/05/2026
👇A semana pasada estivemos no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, cos cursos de 2º da ESO, facendo formación e sensibilización que capacita á comunidade educativa na detección e prevención das violencias, especialmente a dirixida a mulleres e nenas con discapacidade. Para a semana voltaremos para a 2ª sesión! ⚧️
08/05/2026
🏨O pasado mércores comezamos en Boqueixón, no Centro Público Integrado Antonio Orza Couto, coa primeira sesión do proxecto formativo VIO 9: Ver para Erradicar, coas alumnas e alumnos de 2º da ESO, en colaboración coa Deputación da Coruña.
Neste proxecto traballamos na sensibilización sobre a igualdade e a discapacidade, a prevención da violencia de xénero e da violencia dixital. 💜Se estás interesada ou interesado en levar as sesión de VIO 9 aos vosos centros educativos, animámosvos a contactarnos!
01/04/2026
☝O pasado sábado estivemos en Narón participando nunha mesa redonda na que falamos sobre o benestar sen exclusión, as mulleres con discapacidade na vida comunitaria.
Moitas grazas a por convidarnos! 😊
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la organización
Página web
Dirección
Rúa Dublín, 3
Santiago De Compostela
15707