Bar Rodeiro
28/02/2026
*34 anos de vida no corazón de San Pedro: Grazas por todo*
Hoxe escribimos estas liñas coa emoción á flor de pel e a maleta chea de recordos. Despois de 34 anos tras o mostrador do Bar Rodeiro, chegou o momento de dicir "ata logo" e comezar a nosa xubilación.
Botamos a vista atrás e decatámonos de que o Rodeiro foi moito máis que o noso sustento; foi o noso fogar. Nestas rúas e entre estas mesas criamos ás nosas fillas, que medraron ao compás do bulicio do barrio, entre cafés, conversas e o agarimo de todos vós. San Pedro non foi só o lugar onde traballamos, foi a familia que nos viu facernos maiores.
Queremos darvos as grazas, de corazón, a cada un de vós: veciños, amigos e clientes que co paso do tempo deixastes de selo para ser parte da nosa vida. Grazas por elixirnos para os vosos momentos de descanso, polas confidencias e por facernos sentir que pertencíamos a algo tan especial como é este barrio.
Unha mención moi especial e chea de afecto para os compañeiros do O Dezaseis, e en particular para Suso. Máis que veciños de negocio, fostes os nosos irmáns de profesión e de vida. Grazas, Suso, por estar sempre aí, por eses lazos de amizade verdadeira que fan de San Pedro un lugar único no mundo.
Non queremos marchar sen dar un grazas infinito a Lourdes e á súa familia. Grazas por ser amigos antes que propietarios, por facer que todo fose sempre tan fácil e por estar ao noso lado durante estas tres décadas. Sodes, sen dúbida, parte da nosa familia.
Marchamos coa satisfacción de saber que o Rodeiro foi un pedaciño da vosa historia, igual que vós sodes xa, para sempre, a nosa. Levamos o voso sorriso e o voso afecto no peto para esta nova etapa.
Grazas por facernos tan felices estes 34 anos. ¡Ata sempre, San Pedro!
Santiago se despide del bar Rodeiro, que cocinó su fama entre cocidos desde 1992 Divina Varela y Julio Vázquez se jubilan y hoy bajarán la reja definitivamente en la que fue su segunda casa durante 34 años
Estimados clientes: tras meditalo moito comunicámoslles que deixaremos de ofrecer o noso cocido especial. Gracias a todos os que ano tras ano viñestes a degustalo. Poderedes seguir desfrutando do noso cocido de menú do día todos os martes e sábados. MOITAS GRACIAS A TODOS!!!
Mañan domingo teremos menú para levar. Cocido e outros platos. Podedes chamar para informarvos.
Graciñas
Mañan domingo día 10 estaremos abertos, ven a recoller o teu tupper!!!
Mañá temos Cocido Galego para levar (de grelos, con varias carnes e filloas). 15 euros. Anímate cun bo cocidiño de domingo. Esperámoste 😋
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Teléfono
Página web
Dirección
Rúa De San Pedro
Santiago De Compostela
15703
Horario de Apertura
| Lunes | 10:00 - 16:00 |
| Martes | 10:00 - 16:00 |
| Miércoles | 10:00 - 16:00 |
| Jueves | 10:00 - 16:00 |
| Viernes | 10:00 - 16:00 |