CompoSala

CompoSala

Compartir

30/03/2023

Santiago é o berce de grandes xogadores de fútbol sala e unha das capitais deste deporte. Porén, hai un ano que quedou orfa. As gradas xa non se ateigan de xente para animar e o rechío das botas na cancha non se fai eco no pavillón.

‼ Pero hoxe estamos de celebración! ⚽ O C.D. Composala chega como un soplo de aire fresco á capital galega para darlle unha nova oportunidade a este deporte que tanto amamos.

🙌 Un equipo formado co obxectivo de facer resurxir o fútbol sala en Santiago e que leva por bandeira valores como a inclusividade, a igualdade e o respeto.

👉 Contará con tres categorías: a base, o equipo 'Meraki' e os primeiros equipos, feminino e masculino; que suporán unha oportunidade de practicar este deporte para calquera persoa que así o desexe.

ℹ Máis info:

👀 Permanecede atentos e atentas, as sorpresas non acaban aquí!

O escudo está feito por Elena Bengoa, moitas grazas por axudarnos neste proxecto!

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Santiago de Compostela?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


Santiago De Compostela
15703