Laboratorio Numax
10/04/2025
🌿🌸🏵️ O Laboratorio NUMAX vén de participar no comisariado, montaxe e deseño da exposición 'Rosalía en Fonseca. O xardín da revolución’ que poderedes ver no Claustro Alto do Colexio de Fonseca dende o 9 de abril ao 30 de maio. 🪻🌺🌱
Rosalía de Castro nunca entrou en Fonseca nin na universidade compostelá. Con estes antecedentes, ao abeiro da recén estreada Cátedra Rosalía de Castro, baixo o auspicio do Museo de Historia Natural da USC, e grazas ao financiamento dunha bolsa Leonardo da Fundación BBVA, esta exposición quere restituír de forma simbólica esa ausencia da autora na Universidade de Santiago de Compostela, e mostrar que Rosalía participou con certeza das ideas xeradas dende a institución, incluídas as científicas e, máis especificamente, as botánicas.
A exposición 'Rosalía en Fonseca’ busca facer unha reinvindicación da figura de Rosalía como a primeira poeta ecoloxista, dar conta do contexto científico da época e presentar as novas niñas de investigación actuais e outras iniciativas de difusión educativa que xiran arredor da súa figura.
usc
12/04/2021
Ola, este venres estaremos os de gráfica falando un chisco do oficio de deseñar publicacións na EASDPabloPicasso.
30/03/2021
Estes días estréase Nación, coa acollida que sen dúbida merece. A súa imaxe gráfica ocupounos boa parte do 2020 no Laboratorio. Un deses proxectos ricos en significados, aos que intentamos aludir dende a evocación. Boa viaxe, Nación!
https://i.gal/nacion
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Doutor Teixeiro, 13, 3º
Santiago De Compostela
15701
Horario de Apertura
| Lunes | 09:00 - 18:00 |
| Martes | 09:00 - 18:00 |
| Miércoles | 09:00 - 18:00 |
| Jueves | 09:00 - 18:00 |
| Viernes | 09:00 - 18:00 |