Concello de Sada

Concello de Sada

Compartir

15/06/2026

🔶SAÍDAS MEDIOAMBIENTAIS GUIADAS 2026🔶
O Concello de Sada segue a organizar as saídas medioambientais gratuitas deseñadas e guiadas por persoas expertas da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

🔹Xa podes consultar a listaxe de participantes para a saída do domingo 21 de xuño todo o día - Doniños (Ferrol) - Visita á Lago e Areal de Doniños, así como Monte ventoso e areal de San Xurxo - Esmelle - https://acortar.link/i42bXAℹ

15/06/2026

🔶SAN XOÁN SADA 2026🔶
O MARTES 23 DE XUÑO celebramos unha das festas máis queridas pola veciñanza e visitantes: a noite de San Xoán. Desde o Concello de Sada convidámosvos a g***r dunha xornada especial con sentidiño e moita festa!

🔹Como cada ano, estarán permitidas as cacharelas en espazos públicos e privados, previa comunicación ao Concello a través do Rexistro. Lembra que é obrigatorio vixiar o lume e contar con medios para controlalo en todo momento. Se pasa calquera cousa, chama ó 112 ou ó Servizo Municipal de Emerxencias 607 43 84 57

🔹No Curruncho da Praia das Delicias habilitarase unha zona de recollida de madeira —10 toneladas dispoñibles sen necesidade de solicitude previa— para as fogueiras nese espazo. E como non podía faltar, desde as 19:00h organizamos tamén a tradicional sardiñada popular: por 7€, poderás desfrutar de 6 sardiñas, pan de broa, bebida e taza conmemorativa.

🔹A partir das 19:00h poderedes deixar o material nas praias para preparar as lumaradas. As praias deberán quedar libres ás 06:00h do día 24 para permitir os traballos de limpeza. O baño estará prohibido desde as 22:00h ata as 9:00h por seguridade.

🔹Facemos un chamamento á responsabilidade e á sustentabilidade: está prohibido usar materiais contaminantes, vidro, ou trasladar madeira en contedores de lixo. Non se permitirán faroliños voadores, nin fogueiras en zonas verdes ou con risco para a seguridade.

ℹ Consulta todos os detalles no bando oficial publicado na web do Concello: https://acortar.link/Kam1EN

13/06/2026

🔶URBANO SOAZ - "RELATOS DE LA VIDA"🔶
Urbano é o que chamamos un "veciño de Sada de toda a vida". Durante moitos anos o seu traballo foi adecentar as rúas da nosa localidade pero agora, xa alcanzada a idade de xubilación, adica gran parte do seu tempo libre á escritura.

🔹Pero como a súa afección non pode nin debe pasar desapercibida, Urbano quere compartir con todos e todas vos algún dos relatos nos que estivo traballando ao longo de todos estes anos.

🔹Na seguinte ligazón podedes descargar un documento en formato pdf con tres relatos curtos escollidos polo propio autor. Para aqueles e aquelas que preferides o papel, poderedes atopar tamén exemplares impresos na Biblioteca Municipal Suárez Picallo.

ℹ PODES DESCARGAR O LIBRO AQUÍ - https://acortar.link/ebRpDW

12/06/2026

🔶CAMPUS VOLEI PRAIA SADA 2026🔶
O Concello de Sada xunto coa Federación Galega de Voleibol organizan un CAMPUS DE VÓLEI PRAIA gratuito do 6 ao 9 de xullo na Praia das Delicias para iniciar á rapazada de 6 a 17 anos na práctica deste deporte.

🔹O campus desenvolverase do 6 ao 9 de xullo de 2025 na Praia das Delicias en horario de 10:00 a 14:00 horas.

🔹Organizaranse dúas quendas:
- 10:00 a 12:00: Grupo de 6 a 11 anos.
- 12:00 a 14:00: Grupo de 12 a 17 anos.
Establecerase un máximo de 24 participantes por quenda. Haberá dous monitores especializados que supervisarán e dirixirán a actividade.

🔹Poderán inscribirse nenos e mozos de entre 6 e 17 anos. A inscrición realizarase ata completar aforo por orde de chegada. Requirirase autorización dos pais ou titores.

ℹ INSCRICIÓN A PARTIR DO 15 DE XUÑO ÁS 09:00 HORAS - https://www.sada.gal/campus-volei-praia-sada-2026

¿Quieres que tu organización sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en Sada?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Página web

Dirección


Avenida Da Mariña, 25
Sada
15160

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:00
Martes 08:00 - 14:00
Miércoles 08:00 - 14:00
Jueves 08:00 - 14:00
Viernes 08:00 - 14:00