Feira do Viño do Ribeiro

Feira do Viño do Ribeiro

Compartir

Photos from Feira do Viño do Ribeiro's post 05/03/2026

🍷 Aberto o prazo para participar na 63ª Feira do Viño do Ribeiro

🗓️ Desde este luns, 2 de marzo, e ata as 14.00h do 20 de marzo, as adegas e colleiteiros inscritos na DO Ribeiro poden formalizar a súa inscrición para formar parte da 63ª edición da Feira do Viño do Ribeiro.

📍 A cita celebrarase os días 1, 2 e 3 de maio de 2026 en Ribadavia.

📞 988 477 100
📩 [email protected]

31/12/2025

🍇 Feliz 2026 🍇
Brindamos por un novo ano cheo de vida, tradición e momentos compartidos arredor dunha copa.

Grazas a todas as persoas que facedes do Ribeiro un lugar único.

Que o 2026 nos atope xuntos, celebrando o que é noso. 🍷

24/12/2025

🍷🎄 Felices Festas dende O Ribeiro!

Nestes días de celebración, queremos brindar convosco polo que realmente importa: os encontros, as conversas sen présa e o viño compartido arredor dunha mesa.

Grazas por formar parte da familia do Ribeiro, por apoiar aos nosos viticultores e por levar un anaquiño da nosa terra en cada copa.

Que o Nadal veña cheo de saúde, alegría e bos brindes 🍷

Bo Nadal e Felices Festas! 🎄🎊

Photos from Feira do Viño do Ribeiro's post 05/05/2025

🚌 O autobús da 62ª Feira do Viño do Ribeiro xa pon rumbo de volta… pero con destino 2026!

👋🏼 Despedímonos dunha edición inesquecible, chea de viño, tradición, música e boa compañía. Grazas a todas e todos os que a fixestes posible!

🤗Agora é tempo de recoller, respirar… e comezar a soñar coa 63ª Feira do Viño do Ribeiro, que xa se albísca no horizonte de 2026.

🍇 O Ribeiro nunca para. Seguimos brindando por todo o que está por vir!

Photos from Feira do Viño do Ribeiro's post 05/05/2025

🍷 O último día da 62ª Feira do Viño do Ribeiro deixounos momentos que queremos gardar para sempre!

💚 Grazas a todas e todos os que viñestes celebrar con nós esta edición tan especial.

📸Aquí van algunhas das mellores imaxes dun domingo cheo de viño, risas e boa compañía.
O Ribeiro sabe a festa… e vós sodes parte dela!

¿Quieres que tu empresa sea el Empresa De Automóviles mas cotizado en Ribadavia?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Dirección


Ribadavia
32400