Ruta do Viño do Ribeiro
14/06/2026
Presentouse o 🐙 Cartel oficial da 64ª Festa do Pulpo do Carballiño, declarada de Interese Turístico Internacional 🐙
✨ Creación da artista Ari Quintas en homenaxe aos lazos que unen O Carballiño e Lanzarote, a quen se lle adica esta edición.
Concello do Carballiño, membro fundador da Ruta do viño do Ribeiro.
07/06/2026
Andaina AS ORIXES DO VIÑO.
O sábado 6 de xuño tivo lugar a andaina desde Astariz ata o Castro de Santa Lucía, no Concello de Castrelo de Miño.
Un lugar único e máxico do Ribeiro, onde se atopa un histórico lagar, datado na época romana.
De volta do Castro, o grupo fixo parada en Adegas Celme onde disfrutaron dunha visita guiada e cataron os seus excelentes viños.
07/06/2026
O sábado pola tarde continuamos coas visitas ás adegas, cos Viñobus chegadas de varias cidades galegas, dentro da programación da Primavera de portas abertas.
Tamén tiveron lugar outras actividades como unha visita teatralizada en Castrelo de Miño, paseo fluvial en Leiro, visitas ao Museo do viño, e o evento Sons do viño, na Igrexa da Madalena.
.leiro
06/06/2026
Comezamos a primeira xornada da fin de semana da Primavera de portas cos diferentes Viño bus e as adegas participantes abertas para visitas.
Agradecer a presenza de Xose Manuel Merelles, Director da Axencia de Turismo de Galicia, que estivo na adega Ramón de Casar. Tamén acompañado por Avelino Pazos, alcalde de Castrelo de Miño.
.es
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Praza Maior, S/n
Ribadavia
32400