Quiroga. Concello de Quiroga
07/06/2026
𝗖𝗘𝗟𝗘𝗕𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗢 𝗖𝗢𝗥𝗣𝗨𝗦 𝗖𝗛𝗥𝗜𝗦𝗧𝗜 𝗡𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗥𝗢𝗤𝗨𝗜𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗤𝗨𝗜𝗥𝗢𝗚𝗔 𝗘 𝗦𝗔𝗡 𝗖𝗟𝗢𝗗𝗜𝗢
RTMQ. Hoxe, domingo 7 de xuño, celébrase o día de Corpus Christi, unha celebración moi importante dentro da igrexa que ten como principal obxectivo conmemorar a presenza de Xesucristo na Eucaristía, por medio do pan e o viño consagrados na misa.
En Quiroga, a igrexa San Martiño enchíase de fregueses e familias das dúas nenas de Quiroga que recibían a primeira comuñón. A continuación saía a procesión co Santísimo Sacramento e percorría as rúas do pobo facendo paradas nos tres altares florais confeccionados polos fregueses, colocados ás portas da Casa Consistorial,na praza Maior, avenida Caurel e na rúa Real.
Tamén a parroquia de San Clodio cumpría coa tradición das alfombras de flores de Corpus que engalanaban o atrio da Igrexa.
Este ano, os veciños e veciñas de Ribas de Sil , quixeron amosar na confección das súas fermosas alfombras, un aceno a viaxe co Papa León XIV está realizando a España estes días coa elaboración do logo oficial da visita do pontífice ao noso país.
Estes traballos desenvólvense grazas a participación dos servidores das parroquias e a colaboración dos fregueses que durante moitos días elaboraron as fermosas alfombras.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Teléfono
Página web
Dirección
Rúa Real 52
Quiroga
27320