Metáfora
22/06/2026
Mañá temos presentación : )
Álex Mene falaranos da súa última novela publicada en ⛰️🐺🌳
Animádevos!
13/06/2026
O vindeiro sábado poñemos o foco na clase, a precariedade e os imaxinarios do mundo do traballo grazas a dous autores que nos guiarán a través da súa conversa polas representacións destes eixos na poesía contemporánea.
✍Daniel Salgado é poeta ("Os paxaros e outros poemas", Xerais, "O Gran Rexeitamento" e "Poemas Realistas" publicados en Apiario) e xornalista en eldiario.es Galicia.
✍Jorge Ruiz Lara é investigador na Universidade Autónoma de Madrid. Céntrase nas literaturas ibéricas, con especial interese na poesía social, a literatura obreira e as representacións da precariedade na poesía recente.
Animádevos : )
12/06/2026
Pasados uns meses, chega o momento de festexar un bocado o arranque desta aventura seguindo a estela de Luis con aquela xuntanza entre empanada, viño e música entre libros. A xubilación desta libreira aínda f**a lonxe 🐌 pero haberá que botar un brinde polas aprendizaxes e afogos do día a día, por un almacén organizado e un inventario que case acaba coa enerxía!
Pero, especialmente, será unha tarde de encontro e de agradecemento a todxs as que estades aí con visitas, afectos, recomendacións e boas conversas.
Ademais, coas raiolas de sol e os días máis longos, teremos a sorte de escoitar o marabilloso traballo musical de no ambiente fresco e acolledor da libraría : )
Convidadxs estades🫂💫
07/06/2026
Esta semana acollemos unha presentación moi especial 🗣📸
O xoves ás 19h, Alba Saavedra, autora do ensaio e gañadora do premio Follas Novas, compartirá con nós o seu traballo de investigación sobre Ruth Matilda Anderson na Galiza. Dinamizará o coloquio Claudia Morán, xornalista e escritora.
Entre outras chaves, a obra:
👉explica o motivo polo cal Anderson estivo afastada dos rexistros galegos durante case un século, a pesar de ser a maior tradutora de Rosalía de Castro ao inglés ata 1964.
👉desenmascara os mecanismos (operantes desde 1939) que mantiveron a súa monografía afastada do sistema galego.
👉argumenta que esta subversión e o seu proceso de tradución de dobre vía (galego-inglés e inglés-galego) puido ser a causa da súa marxinación.
Grazas a e Vémonos😉
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Calle Charino Nº9
Pontevedra
36002
Horario de Apertura
| Martes | 10:00 - 13:30 |
| Miércoles | 10:00 - 01:30 |
| Jueves | 10:00 - 01:30 |
| Viernes | 10:00 - 01:30 |
| Sábado | 10:00 - 01:30 |