CIFP Montecelo
12/06/2026
Levamos todo o día ben contentos, grazas ao traballo dos nosos alumnxs.
Eles son Noelia, Joel e Cristian, de primeiro do CS Deseño e xestión da produción gráfica, e Aitana, de segundo do CS Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia.
Veñen de resultar gañadores no reto 8 do cun proxecto estable, e ben defendido, para desenvolver solucións de trazabilidade intelixente para talleres industriais. Gracias a repsol polo seu apoio á FP en Galicia.
Non podemos esquecer a Jose Saa, o profe que os guiou ao longo de todos estes meses. Pata todos eles... noraboa e parabéns a tutiplén.
Por suposto, non esquecemos ao equipo do reto 17 porque, aínda que quedaron finalistas, fixeron un moi bo traballo, da man da profe Silvia Villanueva, e en conxunto co CIFP Audiovisual de Vigo Noraboa para todos vós tamén!
Canto nos presta recibir premios a estas alturas do curso? Moooooooiiiito!! 💪🏼💪🏼🔝
Centro Galego da Innovación da FP. Centro Eduardo Barreiros
05/06/2026
Os nosos grupos de alumnxs metidos de cheo nas fases finais dos retos do Innovatech están facer un excelente traballo a medida que o proceso avanza.
Onte tiveron a fase do Elevator Pitch, unha defensa oral dos seus proxectos e cóntanos Saa, o profe asistente, que o fixeron moi ben.
Noraboa, grupazos! Seguimos!! 💪🏼💪🏼💪🏼
02/06/2026
A semana pasada as alumnas de primeiro de Imaxe Persoal visitaron un espazo cun público entregado a tope: os peques da Escola Infantil Príncipe Felipe tiveron unha sesión de maquillaxe e perruquería na que o triunfo foron as unllas a diferentes cores 😍😍😍
A participación foi espectacular, estaban totalmente entregados e desfrutaron cada momento con entusiasmo.
Para as nosas alumnas foi unha oportunidade fantástica para poñer en práctica os seus coñecementos, desenvolver habilidades profesionais e, sobre todo, compartir unha experiencia enriquecedora chea de creatividade e tenrura.
Grazas á comunidade educativa da Escola Infantil Príncipe Felipe pola súa acollida e por permitirnos formar parte dunha mañá tan especial.
29/05/2026
📣Hoxe ás 13.00 remata o prazo para anotarse nas probas libres e aínda hai prazas!
Last chance!!
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la escuela/facultad
Página web
Dirección
Avenida Montecelo 16
Pontevedra
36161