Canal Rías Baixas
01/07/2026
Catoira escenifica con retranca o seu malestar polo traslado da ambulancia medicalizada a Sanxenxo
Catoira tira de retranca para denunciar o traslado da ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés a Sanxenxo. Unha medida que se fixo efectiva este mércores, co arranque do mes de xullo. Diante do centro de saúde catoirense, levaron a cabo unha escenificación de cómo se senten: desprotexidos ante calquera urxencia e esquecidos polo Sergas. Ameazan con novas protestas ata que a Xunta atenda a súa petición, mantendo a ambulancia no hospital e dotando a Sanxenxo doutra.
https://www.canalriasbaixas.com/2026/07/01/catoira-escenifica-con-retranca-o-seu-malestar-polo-traslado-da-ambulancia-medicalizada-a-sanxenxo/?feed_id=6623&_unique_id=6a4534dbd0a46
01/07/2026
Vilagarcía estrea a nova área verde do ramal de máis de 4.300 metros cadrados
Vilagarcía estrea nova área de lecer. Xa está aberta ao público a nova zona verde da zona do Ramal. Un proxecto que busca reconectar a zona marítima coa cidade a través de zonas axardinadas e de sombra e unha pradeira cunha pequena lagoa. O concello destinou a este proxecto máis de un millón de euros de fondos Next Generation.
https://www.canalriasbaixas.com/2026/07/01/vilagarcia-estrea-a-nova-area-verde-do-ramal-de-mais-de-4-300-metros-cadrados/?feed_id=6621&_unique_id=6a451dbd1cdde
01/07/2026
Barbanza estrea ambulancia medicalizada
O Conselleiro de Sanidade desprazou ata o hospital comarcal para supervisar a posta en servizo deste novo recurso que vén de satisfacer unha demanda histórica da área sanitaria.
https://www.canalriasbaixas.com/2026/07/01/barbanza-estrea-ambulancia-medicalizada/?feed_id=6617&_unique_id=6a450e1527507
01/07/2026
Máis de 200 nenos participan no campamento de conciliación de Boiro
Un total de 220 nenos de Boiro iniciaron esta mañá un verán de lecer nos campamentos de conciliación do concello. Desenvolveranse en catro sedes para achegar o servizo ás familias que residen nas principais parroquias.
https://www.canalriasbaixas.com/2026/07/01/mais-de-200-nenos-participan-no-campamento-de-conciliacion-de-boiro/?feed_id=6615&_unique_id=6a450d4a100e4
Portas conta os días para o arranque da súa cita máis internacional. O xoves da semana que vén comeza no recinto da Azucreira o PortAmérica. Está previsto que o festival reúna a máis de 65.000 persoas nos seus tres días de programación, que este ano conta con artistas como Rigoberta Bandini, Dani Martín, Hombres G ou Xoel López. Outro dos seus sinais de identidade é a gastronomía: trinta e sete chefs participarán no ShowRocking.
O concello do Porto do Son volverá ofertar un verán máis as visitas guiadas gratuítas ós Castros de Baroña, unha das marcas de identidade do municipio. A iniciativa, que conta cada ano cunha elevada participación, dará comezo o vindeiro 4 de xullo e prolongarase durante tódolos sábados de xullo e agosto, agás o do 29 de agosto.
Conta atrás en Sanxenxo para a estrea do renovado treito final do paseo marítimo de Silgar. Aínda que a data inicial para o remate dos traballos era este luns, finalmente a obra non estará rematada ata este venres. A actuación supuxo un reforzo da seguridade na balaustrada de pedra, material que agora se combina con barrotes de aceiro inoxidable. Creouse tamén unha nova escalinata na parte final do paseo e habilitáronse novas zonas axardinadas. Ao mesmo tempo, estendeuse a plataforma única nun novo treito de Silgar. O alcalde asegura que está a recibir moitas felicitacións por esta intervención por parte da veciñanza.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Teléfono
Dirección
Pontevedra