Xulia Maria

Xulia Maria

Compartir

31/10/2025

"Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos sai oxe Nós"

O 30 de outubro de 1920 nacía a revista Nós. En xuño de 1920 reúnense no café Méndez Núñez en Pontevedra Vicente Risco, Castelao, Ramón Cabanillas e Antón Losada Diéguez coa intención de fundar unha revista monolingüe sobre a cultura galega á que deciden chamar Nós, a proposta de Castelao. Así nace a revista Nós, considerada un dos proxectos máis emblemáticos do galeguismo. O primeiro número apareceu o 30 de outubro de 1920 en Ourense, impresa no obradoiro de La Región, e aquí se publicarían os primeiros 15 números. Á fronte, como director figura Vicente Risco, acompañado de Arturo Noguerol como xerente, Otero Pedrayo e Cuevillas, Castelao como director artístico e Ánxel Casal como editor. En 1923 pasou a se imprimir en Pontevedra até que despois do número 18 a Ditadura de Primo de Rivera suspende a publicación. O 25 de xuño de 1925 aparece de novo por iniciativa de Ánxel Casal na Coruña, e conta coa colaboración de membros do Seminario de Estudos Galegos ademais de colaboradores da primeira época. A partir do número 88 imprentouse en Santiago. O último número, o 144, saíu do prelo pouco antes da sublevación militar de 1936 e non se chegou a distribuír, tan só dous exemplares sobreviviron á queima da imprenta de Ánxel Casal polos sublevados.

¿Quieres que tu figura pública sea el Figura Pública mas cotizado en Pontevedra?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


Pontevedra