Mareantes Rugby Club
18/06/2026
Que ben o pasamos! 🏉😊
Onte tivemos un adestramento atípico coa Escola e o M14 do Mareantes Rugby Club de Pontevedra 🖤🤍
Dentro do programa das Escolas Deportivas Municipais (EDM), promovido polo Servizo Municipal de Deportes do Concello de Pontevedra, os/as nosos/as xogadores/as tiveron a oportunidade de convidar a amigos e amigas 👦👧, achegando este deporte antes do verán ☀️ e agardando que se unan á nosa familia 🤝
Como non podía ser doutra forma, a experiencia foi completa e rematamos cun Terceiro Tempo por todo o alto 🍉🥤… e coa clásica guerra de globos de auga! 💦😂
Agardámosvos o vindeiro curso!
📞 609 347 446
📧 [email protected]
Quen chega antes? 👀
M-A-R-E-A-N-T-E-S 💪🏉
🖤🤍 Corazóns brancos e negros 🤍🖤
EDM ConcelloPontevedra PontevedraTE ServizoDeDeportes RugbyGalicia RugbyKids TerceiroTempo FamiliaRugby DeporteEnValores VeranRugby
17/06/2026
Vai rematando a fantástica tempada 2025/26 do Mareantes Rugby Club de Pontevedra 🏉🔥
Moitos bos momentos vividos no campo, e hoxe toca celebrar o último adestramento da Escola e M14 no xa famoso Lusqui Arena de Xeve
📍https://maps.app.goo.gl/AyWyzwhJaYTTMdbv7 💪
Esta xornada especial é tamén de portas abertas 🚪✨
👉 Trae un amigo ou ven probar este deporte incrible que é o rugby!
Grazas de corazón a todos os negocios que nos apoian 🙌
Hoxe destacamos ao Centro de Educación Infantil Parrulos PARRULOS da nosa querida Ana🧸❤️
📍 Vía Fermín Bouza Brey, baixo nº1 (Pontevedra)
Unha gardaría perfecta para que os máis pequenos medren cos nosos valores 💙
📩 [email protected]
Para saber máis do club:
📞 609 347 446
📧 [email protected]
👉 Quen chega antes? MAREANTES! 💥
🌐 www.mareantesrugbypontevedra.es
09/06/2026
A tope co Mareantes Rugby Club este fin de semana! 🏉🤍🖤
O sábado vivimos partidazos na Praia de Poniente en Xixón coa nosa Escola e M14 fronte a equipos astures e vascos 💪🔥 E o domingo, un terceiro tempo espectacular grazas ao Gijón RC, compartindo rugby, amizade e tradicións que nunca deben faltar co Gaztedi e o Bilbao RC🙌
Os Senior/e 9 xogadores de M18 xogaron na Laboral un amigable moi competido, cun momento moi especial: 6 xogadores do M18 debutaron co primeiro equipo 👏 Orgullo de canteira!.
Os nosos veteranos e veteranas tamén o deron todo nun triangular cheo de bo rugby e, sobre todo, moitas risas destes “Golden Oldies” 😄
E pechando o domingo, colaboramos co Gremio de Mareantes de Pontevedra na histórica procesión de Corpus de mais de 600 anos de antigüedade 🙏
A tempada vai rematando, pero aínda quedan momentos grandes! Próxima parada: Campionato de España 7s en Valladolid, con 8 Mareantes defendendo Galicia 💙
Queres probar o rugby despois do verán? Escríbenos! ou chama 📩 nop 609347446 ou [email protected]
Quen chega antes? MAREANTES! 🏉🔥
🌐 www.mareantesrugbypontevedra.es
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Página web
Dirección
Rúa San Nicolás 3
Pontevedra
36002