GALP Ría de Pontevedra

GALP Ría de Pontevedra

Compartir

Photos from GALP Ría de Pontevedra's post 25/06/2026

🌊✨ A Illa de Ons converteuse nun espazo de aprendizaxe, convivencia e conexión co mar para a mocidade participante no proxecto “Relevo Xeracional: O Futuro do Mar”.

Máis de 30 escolares de distintos territorios GALP de Galicia participaron nesta estancia educativa no Parque Nacional das Illas Atlánticas, unha experiencia centrada na sensibilización ambiental, o coñecemento do medio mariño e a posta en valor das profesións vinculadas ao mar.

Desde o territorio do GALP Ría de Pontevedra participaron alumnado do:
⚓ IES Illa de Tambo
⚓ CPR Sagrado Corazón de Placeres

Durante tres días desenvolveron actividades sobre pesca sostible, conservación mariña, patrimonio costeiro e dinámicas colaborativas nun entorno único como a Illa de Ons 💙

Porque garantir o futuro das nosas comunidades costeiras tamén pasa por achegar a mocidade ao mar e ás oportunidades que ofrece.

16/06/2026

En Europa, máis de 50 millóns de persoas viven en comunidades costeiras.

⚓ Os GALP contribúen a que as políticas europeas se traduzan en accións locais, apoiando as comunidades pesqueiras, a innovación, o emprego, a sostibilidade e a cohesión social nas nosas costas.

Representantes dos GALP de toda Europa únense para lanzar unha mensaxe común: 📢 MANTER O DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO (DLP) NO FUTURO DA POLÍTICA PESQUEIRA EUROPEA.

🤝 Protexamos os GALP!
🌍 Protexamos as comunidades costeiras europeas!



European Commission | European Parliament | Comisión Europea en España | EU Maritime & Fish

¿Quieres que tu museo sea el Museo mas cotizado en Marín?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Dirección


Departamento De Exportadores, 14. Lonja De Marín. Puerto De Marín
Marín
36900

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00