Desenvolvemento Local Lugo
26/06/2025
🎖️O alcalde, Miguel Fernández, participou esta mañá na cerimonia de entrega da IX edición do Premio Peme do Ano, unha iniciativa que recoñece o talento, o esforzo e a innovación das pequenas e medianas empresas do noso territorio.
Noraboa a Industrial Recense polo galardón e parabéns a todas as empresas premiadas, en especial a Transmedia Comunicacion e Medrar Solutions , exemplos de creatividade e vangarda asentados na nosa cidade.
🤝 Desde o seguimos traballando para apoiar o emprendemento e atraer novas oportunidades que impulsen o noso desenvolvemento económico.
23/06/2025
🚀 Turistalent 5.0 xa está en marcha!
O Concello de Lugo, a través do CEI-Nodus, ten abertas as inscricións para a aceleradora de proxectos turísticos Turistalent, unha iniciativa para apoiar o emprendemento e a innovación no sector.
🧭 Buscas transformar o turismo dende unha perspectiva sostible, verde, dixital e accesible? Este programa é para ti!
✅ Formación e mentorización
✅ Apoio técnico e visibilidade
✅ Creación de rede con profesionais do sector
🗓️ Inscricións ata o 11 de xullo
🔗 Info: https://turistalent.com/aberto-o-prazo-de-inscricion-para-turistalent-5-0-a-aceleradora-de-turismo-impulsada-polo-concello-de-lugo/
Aberto o prazo de inscrición para TurisTalent 5.0, a aceleradora de turismo impulsada polo Concello de Lugo - Aceleradora de Turismo As persoas e empresas interesadas poderán presentar os seus proxectos ata o 11 de xullo a través da sede electrónica do Concello
02/06/2025
📌 O Executivo de Miguel Fernández - Alcalde de Lugo aprobou na Xunta de Goberno Local a participación na nova convocatoria de centros Europe Direct para garantir a continuidade do servizo ata decembro de 2030.
🤝 Ao longo do ano, este centro organiza actividades abertas ao público co obxectivo de achegar as institucións, as políticas e os valores europeos á vida diaria da cidadanía.
📌 El Ejecutivo de Miguel Fernández aprobó en la Xunta de Goberno Local la participación en la nueva convocatoria de centros Europe Direct para garantizar la continuidad del servicio hasta diciembre de 2030.
🤝 A lo largo del año, este centro organiza actividades abiertas al público con el objetivo de acercar las instituciones, las políticas y los valores europeos a la vida diaria de la ciudadanía.
21/05/2025
🧵 O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de traxes castrexos e romanos elaborados polas participantes do taller Tecer para medrar, unha iniciativa de inclusión social dirixida a colectivos vulnerables.
🤝 Este espazo, cedido polo Concello no viveiro empresarial da Tinería, está pensado para dar visibilidade ao traballo artesanal e facilitar a súa comercialización no centro histórico da cidade.
👗 O alcalde Miguel Fernández destacou “a importancia de apoiar proxectos que dan oportunidades reais a quen máis o precisa”, e animou a toda a cidadanía a achegarse para coñecer e apoiar este proxecto.
📍 Pásate polo local e prepárate para o Arde Lvcvs (12-15 de xuño) con pezas únicas feitas con dedicación e moito talento 💜
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Página web
Dirección
Avenida Da Coruña, 500
Lugo
27003