Espacio Lupa Arte
29/10/2024
A área de Cultura do Concello de Lugo, acolle a obra de Xoan Vila, un escultor que, con mans hábiles e un corazón atento, transforma a madeira en poesía tanxible. A súa próxima exposición individual, "Un día calquera", desenvolverase no MIHL, do 3 de outubro ao 11 de xaneiro baixo o comisariado de Iago Eireos.
19/07/2023
ℹ️ O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciaron as actividades que acollerá a rúa Rafael de Vega para dar comezo a unha nova edición do festival de arte urbana Culturban promovido xunto a Espacio Lupa Arte
Este xoves, 20 de xullo, a partir das 21:00, a rúa Rafael de Vega acollerá un espectáculo de animación musical e instalarase unha exposición que mostra o traballo realizado nas 4 edicións de Culturban celebradas ata o de agora, que se complementa coa exposición combate mural que acolle nestas datas o MIHL.
O primeiro mural do artista ourensán Mon Devane, que homenaxea á figura do doutor represaliado e asasinado pola ditadura, Rafael de Vega, na mesma rúa, serviu de pistoletazo de saída desta edición.
Maite Ferreiro: “a través deste proxecto preténdese fomentar a arte socialmente responsable, vencellada á comunidade e á súa identidade” “busca seguir promovendo intervencións artísticas que interactúen e dialoguen co cidadán e co visitante, garantindo a participación de creadores consagrados para fortalecer o discurso e apoiar aos artistas emerxentes ao mesmo tempo”.
Maite Ferreiro destaca a importancia que este proxecto cumpre á hora de “fomentar a arte socialmente resposable, vencellada á comunidade e á súa identidade e cultura” que dignifica a arte de rúa como expresión artística e ferramenta lúdica.
Todo isto, insiste Ferreiro, permite crear sinerxias entre artistas e cidadáns e tamén entre entidades públicas e privadas, “poñendo en valor ao Concello de Lugo e potenciando novos valores turísticos que oferten un circuíto museístico na vía pública que aporte visibilidade exterior a través das plataformas dixitais”.
04/03/2023
"A Ollada Sensible" queda aberta ao público no Museo provincial de Lugo, unha exposición moi especial que recolle os resultados dos obradoiros de Fotografía a Cegas V.
A Rede Museística Provincial de Lugo e Espacio Lupa Arte organizan o proxecto Fotografa a Cegas desde hai trece anos, unha actividade que se rexe pola máxima da eliminación de barreiras, fomentando a igualdade de oportunidades, 5 edicións que conforman a gran familia de Fotografía a Cegas.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Calle Río Oribio Nº7 Bajo
Lugo
27002
21/07/2023