BASES Podemos LUGO

BASES Podemos LUGO

Compartir

07/05/2026
Máis aló do tripartidismo harmónico 22/03/2026

Como portavoz de Podemos Lugo e número dous da candidatura municipalista á que fai referencia esta información, quero expresar publicamente o noso malestar por unha práctica que, por desgraza, non é nova.

Unha vez máis, publícase un artigo sobre un espazo político do que formamos parte sen que ninguén se puxese en contacto con nós para recoller a nosa posición.

Desde Podemos Lugo levamos tempo enviando notas de prensa, propostas e posicionamentos que apenas teñen cabida en determinados medios. E, sen embargo, neste mesmo artigo dáselle voz a outras forzas políticas sen representación no Concello —como Vox— mentres se nos exclúe.

A falta de representación institucional non pode ser unha escusa cando se aplica de maneira selectiva.

Isto non é casual. É unha forma de construír relato que invisibiliza a determinadas forzas políticas e empobrece o debate público na nosa cidade.

Podemos Lugo ten proxecto, traballo e propostas para Lugo, e non imos aceptar quedar fóra da conversa.

Seguiremos defendendo un municipalismo valente, plural e democrático. Tamén na esixencia dun trato xusto por parte dos medios de comunicación.

Ximena Cheda
Portavoz de Podemos Lugo

Máis aló do tripartidismo harmónico PP, PSOE e BNG miran de esguello as potenciais candidaturas coas que terán que competir polas 27 cadeiras do Concello de Lugo

Podemos Lugo reclama un compromiso firme contra as violencias machistas no 8M 25/02/2026

Podemos Lugo reclama un compromiso firme contra as violencias machistas no 8M A formación alerta da falta de profesionais na Casa da Muller e propón reforzar recursos municipais e medidas contra a violencia dixital

¿Quieres que tu organización sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en Lugo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección


Lugo
27003