Fapacel
17/06/2026
📚🎒 ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Desde FAPACEL lembramos ás familias que o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso está a piques de rematar.
⏳ Ata o 19 de xuño (incluído)
Estas axudas son unha ferramenta fundamental para favorecer a igualdade de oportunidades e aliviar o esforzo económico que supón o inicio do curso escolar.
📢 Se aínda non fixeches a solicitude, non o deixes para o último momento.
🤝 Comparte esta publicación para que a información chegue ao maior número posible de familias.
16/06/2026
DIA DA ATENCIÓN TEMPERÁ
🧩💚 𝐃Í𝐀 𝐃𝐀 𝐀𝐓𝐄𝐍𝐂𝐈Ó𝐍 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐄𝐑Á 💚🧩
Cada nena e cada neno merece crecer, aprender e desenvolver todo o seu potencial.
🤝 Familias acompañadas
🏫 Escolas inclusivas
👧👦 Infancia atendida desde os primeiros anos
🌱 Máis oportunidades para todas e todos
Desde a Confederación de ANPAS GALEGAS defendemos unha Atención Temperá 𝐚𝐜𝐜𝐞𝐬𝐢𝐛𝐥𝐞, 𝐜𝐨𝐨𝐫𝐝𝐢𝐧𝐚𝐝𝐚 𝐞 𝐝𝐞 𝐜𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞, na que familias, educación e servizos de apoio traballen da man.
𝐏𝐨𝐫𝐪𝐮𝐞 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐫 𝐚 𝐭𝐞𝐦𝐩𝐨 𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚 𝐚 𝐝𝐢𝐟𝐞𝐫𝐞𝐧𝐳𝐚. 💚
💙𝐂𝐨𝐧𝐟𝐞𝐝𝐞𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐀𝐍𝐏𝐀𝐒 𝐆𝐀𝐋𝐄𝐆𝐀𝐒 𝐱𝐮𝐧𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐞𝐟𝐞𝐧𝐝𝐞𝐧𝐝𝐨 𝐚 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚 𝐩ú𝐛𝐥𝐢𝐜𝐚.
13/06/2026
O próximo curso escolar comezará o 9 de setembro de 2026 e rematará o 21 de xuño de 2027.
O luns publicarase o calendario oficial.
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/50156?fbclid=IwdGRjcASaXWtjbGNrBJpdX2V4dG4DYWVtAjExAHNydGMGYXBwX2lkDDM1MDY4NTUzMTcyOAABHlB1uT5edX3RyXDOznl-NR7SJFwgvAMKWR5QfUpO4uSKQcE1L-Hoh80WPQQD_aem_zhnXG6xbZsMS0-qFghxWiA
O vindeiro curso escolar 2026-27 arrancará o 9 de setembro e rematará o 21 de xuño | Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional O curso escolar 2026-2027 comezará en Galicia o próximo 9 de setembro e rematará o 21 de xuño de 2027 para todas as etapas educativas, agás os segundos cursos dos ciclos de FP, que rematarán o 15 de xuño. A orde co calendario oficial completo publicarase este luns no Diario Oficial de Galicia...
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la escuela/facultad
Página web
Dirección
Edificio Cei Nodus Concello De Lugo FAPACEL Avenida A Coruña 500
Lugo
27003
Horario de Apertura
| Lunes | 10:00 - 14:00 |
| Martes | 10:00 - 14:00 |
| Miércoles | 10:00 - 14:00 |
| Jueves | 10:00 - 14:00 |
| Viernes | 10:00 - 14:00 |