Nalgures

Nalgures

Compartir

01/08/2025

🏰 Praza do Tapal
🪨 Música sobre pedra e historia

Situada na parte máis alta da vila, a Praza do Tapal foi núcleo fortificado medieval, sede da fortaleza da Mitra e do pazo dos Churruchaos. Hoxe, acolle un espazo aberto con vistas privilexiadas á fachada de San Martiño e ao cruceiro gótico de Ponte Nafonso. Este lugar garda historias e lendas: revoltas irmandiñas, execucións medievais e o tráxico accidente do cineasta Claudio Guerín nos anos 70, marcado para sempre cunha cruz no chan.

Un lugar ao aire libre que conecta o pasado co presente cultural da vila.

🎶 Sábado 2 de agosto – 22:00 h
QUICO COMESAÑA
ANA CRISMÁN

🛠️ Organiza: .artistas / 🪄 Dirección artística:
🫱🏼‍🫲🏽 Co patrocinio de e
🫱🏼‍🫲🏽 Coa colaboración de / /

30/07/2025

🌿 Claustro de San Francisco
🏹 Música entre arcos centenarios

Antigo espazo conventual do século XVI, este claustro de dúas alturas conserva a elegancia dos seus arcos orixinais e o silencio da súa historia. A Capela Maior, presidida por un magnífico retablo realizado no século XX, representa á Virxe, Santa Clara e San Francisco. Un escenario único para unha das propostas máis emocionantes do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia:

🎶 Sábado 2 de agosto – 20:00 h
BLEUENN LE FRIEC con UXÍA e FAIA

🛠️ Organiza: .artistas / 🪄 Dirección artística:
🫱🏼‍🫲🏽 Co patrocinio de e
🫱🏼‍🫲🏽 Coa colaboración de / /

29/07/2025

📍 Consulta aquí o mapa do NHF!
Sete espazos, unha vila, un festival 🥰

Do 30 de xullo ao 2 de agosto, Noia convértese nun epicentro musical. Sete localizacións únicas cheas de historia, patrimonio e vida que acollen a programación desta 12ª edición:

🎭 Teatro Coliseo Noela
🔔 Igrexa de Sta. Mª A Nova
🪽 Liceo de Noia
🌿 Claustro de San Francisco
🏰 Praza do Tapal
📯 Praza do Curro
⛪ Igrexa de San Francisco

Un mapa de emocións, paisaxe e sonoridades que seguro que fan que cada concerto sexa unha experiencia irrepetible.

Esperámoste 💘✨

🛠️ Organiza: .artistas / 🪄 Dirección artística:
🫱🏼‍🫲🏽 Co patrocinio de e
🫱🏼‍🫲🏽 Coa colaboración de / /

27/07/2025

⛪ Igrexa de San Francisco
🧘🏼‍♀️ Espazo de serenidade

Este espazo conventual galego é un dos primeiros da vila, construído no século XVI en estilo gótico-oxival renacentista, e forma un dos principais exemplos do patrimonio relixioso de Noia. Un espazo cargado de historia, arte e serenidade, perfecto para compaxinar con concertos con alma a altura do patrimonio local.

Este 2025 será a primeira vez que a Igrexa de San Francisco acolla un concerto do NHF, sumándose así aos espazos históricos que compoñen este encontro musical na vila de Noia.

🎶 Sábado 2 de agosto – 12:30 h
JULIETTE COMMEAUX & LAIA BLASCOarpista .secreto

🛠️ Organiza: .artistas / 🪄 Dirección artística:
🫱🏼‍🫲🏽 Co patrocinio de e
🫱🏼‍🫲🏽 Coa colaboración de / /

18/07/2025

🔔 Igrexa de Sta. Mª A Nova
🏛️ Música entre laudas e historia

Este templo gótico do século XIV, rodeado por máis de 500 laudas sepulcrais e declarado conxunto histórico-artístico (xunto co seu cemiterio) no ano 1973, acollerá dous concertos moi especiais no marco do NHF:

🎶 Mércores 30 de xullo – 19:00 h�ALBA BARREIRO & FERNANDO RAÑA .alba

🎶 Venres 1 de agosto – 19:00 h�NOELIA COTUNA

🛠️ Organiza: .artistas / 🪄 Dirección artística:
🫱🏼‍🫲🏽 Co patrocinio de e
🫱🏼‍🫲🏽 Coa colaboración de / /

16/07/2025

🎼 YOFRE BRITO RIVERA (Colombia)

O gran maestro da arpa llanera chegará a Noia este verán. A arpa como voz que une culturas 🫱🏼‍🫲🏽

📍 Teatro Coliseo Noela
🗓 Venres 1 de agosto
🕘 21:00h

🛠️ Organiza: .artistas / 🪄 Dirección artística:
🫱🏼‍🫲🏽 Co patrocinio de e
🫱🏼‍🫲🏽 Coa colaboración de /

¿Quieres que tu empresa sea el Empresa mas cotizado en Lugo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Página web

https://tenda.nalgures.com/

Dirección


Rúa Do Baluro 8-10, Baixo
Lugo
27004

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:30 - 19:30
Martes 10:00 - 14:00
16:30 - 19:30
Miércoles 10:00 - 14:00
16:30 - 19:30
Jueves 10:00 - 14:00
16:30 - 19:30
Viernes 10:00 - 14:00
16:30 - 19:30