Lug Open Factory
28/02/2026
🌱✨ 𝐋𝐮𝐠 𝐎𝐩𝐞𝐧 𝐅𝐚𝐜𝐭𝐨𝐫𝐲 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚 𝐞𝐧 𝐀𝐂𝐊𝐧𝐨𝐰𝐥𝐞𝐝𝐠𝐞 – 𝐀𝐧𝐜𝐢𝐞𝐧𝐭 𝐤𝐧𝐨𝐰𝐥𝐞𝐝𝐠𝐞, 𝐦𝐨𝐝𝐞𝐫𝐧 𝐞𝐜𝐨-𝐜𝐨𝐦𝐦𝐮𝐧𝐢𝐭𝐢𝐞𝐬 ✨🌱
Desde Lug Open Factory sumámonos como entidade socia ao proxecto europeo ACKnowledge, unha iniciativa Erasmus+ (KA153 – Mobility of Youth Workers) que reunirá profesionais da mocidade e axentes de cambio de España, Italia, Alemaña, Portugal e Polonia en maio de 2026 en Magliano Sabina (Italia).
Para a nosa asociación, este proxecto representa moito máis ca unha mobilidade internacional. É unha oportunidade estratéxica para:
🔹 Reforzar o traballo coa mocidade a través de metodoloxías de educación non formal innovadoras.
🔹 Integrar coñecementos ancestrais e indíxenas en procesos contemporáneos de sustentabilidade e construción comunitaria.
🔹 Dotar ás persoas participantes de ferramentas en deseño rexenerativo, permacultura, sociocracia e creación de comunidades conscientes.
🔹 Conectar o ecosistema local galego con redes europeas de innovación social e ecolóxica.
ACKnowledge reunirá 20 youth workers e profesionais comprometidos coa sustentabilidade nunha experiencia eco-residencial intensiva baseada na aprendizaxe experiencial, prácticas colaborativas e reflexión profunda sobre modelos comunitarios alternativos.
PRESS RELEASE_ACKnowledge_ENG-1
Desde LOF apostamos por que as persoas participantes non só vivan a experiencia, senón que regresen como axentes multiplicadores de impacto, desenvolvendo accións locais de difusión, obradoiros e espazos de diálogo que fortalezcan o tecido comunitario rural e urbano.
🌍 O proxecto está totalmente financiado por Erasmus+ (viaxe, aloxamento e formación).
📅 Mobilidade: 2–9 maio 2026 | 🇮🇹 Magliano Sabina, Italia
Seguimos construíndo pontes entre tecnoloxía, mocidade e sustentabilidade.
Seguimos creando comunidade.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Teléfono
Página web
Dirección
Rua Pintor Corredoira, 4
Lugo
27002