Rexenerando

Rexenerando

Compartir

Photos from Rexenerando's post 28/05/2026

Convocatoria para centros educativos: Caixas de recursos de Materia Pendente 🪜

A través de tres caixas de recursos creativos e educativos, o proxecto convida a levar prácticas artístico-educativas antirracistas e decoloniais aos centros educativos públicos durante o primeiro trimestre do curso 2026/2027.

Os proxectos son:

🪡 A travesía do fío, unha proposta de para explorar as migracións e as memorias familiares a través da arte téxtil e da creación de cartografías colectivas.

💃🏿 Outro corpo flamenco, de , conecta o flamenco con saberes da diáspora africana para crear unha danza compartida desde o ritmo, o xogo e o movemento.

👂🏾 Nopi & Foog, creado por , convida as crianzas a viaxar entre relatos, sons e memorias non contadas mediante dinámicas de escoita, xogo e imaxinación.

➜ As caixas inclúen recursos pedagóxicos, materiais físicos, formación online e acompañamento para docentes e comunidades educativas.

Máis información en asignaturapendiente.redplanea.org e na ligazón da nosa bio.


Materia Pendente é unha proposta de , rede de arte e escola, coordinada polos nodos territoriais , , , , , , e co apoio do Ministerio de Cultura ( e ).

27/05/2026

Terra de vida continúa dando os seus froitos e achegando o seu obradoiro didáctico a máis rapazada de máis ciclos.

Para xuño temos un plan especial: abrir un pase especial para familias.

🌱 Terra de Vida é un proxecto do Concello de San Sadurniño que promove o coñecemento, o coidado e a posta en valor da natureza e dos espazos verdes do municipio a través de actividades de educación ambiental e conexión co territorio.
Percorreremos algúns dos recunchos máis especiais de San Sadurniño:

• O Pazo e Xardíns da Marquesa
• O Olimpo galaico e o Pozo dos Donceis
• A Horta de froiteiras e o apiario
• O Arboreto didáctico

Un encontro para pequenas e maiores no que explorar a natureza, coñecer curiosidades do entorno e compartir tempo de calidade ao aire libre gozando da Fraga Máxica!

Se tes interese, revisa o dossier da actividade en i.gal/terradevida e inscríbete en i.gal/TVFamilias

Photos from Rexenerando's post 26/05/2026

☀️🌾 Os outros centros: prácticas situadas para imaxinar a escola desde o territorio.

Vai rematando o curso escolar e queremos compartir unha proposta formativa ben interesante para docentes, artistas e axentes culturais interesadas en desenvolver proxectos de arte e escola.

Trátase dos Cursos de Verán da , que este ano terán lugar simultaneamente en tres territorios: Lugo, Córdoba e Valencia.

Nesta edición queremos mirar cara aos territorios rurais, periféricos e descentralizados como espazos que producen coñecemento, metodoloxías propias e formas de aprendizaxe conectadas coa vida, a comunidade e o contexto.

En Lugo, a proposta será:

— Laboratorio de Formas Rural
📍Coeses, Lugo
🗓️ 1 e 2 de xullo
Facilitado por

E, se estás por Córdoba ou Valencia, bota un ollo ás outras propostas deste ano:

— El menú de la ciutat rural
📍 , Valencia
🗓️ 1, 2 e 3 de xullo
Facilitado por T. Aula

— Museos Locales y Escuela. Una caja de recursos para construír alianzas a través de la Educación para el Desarrollo Sostenible
📍Almedinilla, Córdoba
🗓️ 2 e 3 de xullo
Facilitado por .pecharroman

Todas as formacións son de balde!

Ademais, o 30 de xuño ás 18:30 h terá lugar a presentación online do novo número da revista ANIDA, tamén baixo o título “Los otros centros”, na canle de Youtube de PLANEA.

Para máis información e inscricións, podes entrar en planea.org ou no enlace da nosa bio. O prazo estará aberto ata o 25 de xuño.

Ilustración de


Esta rede é posible grazas ao impulso da . Está formada por .

Photos from Rexenerando's post 22/05/2026

O pasado mércores facilitamos xunto coas compañeiras de .coop o IV Encontro de Axentes de Igualdade da provincia da Coruña, impulsado pola Deputación da Coruña, un espazo pensado para o encontro entre profesionais que, dende diferentes concellos e territorios, sosteñen e impulsan políticas públicas de igualdade e diversidade.

Foi importante para nós poder seguir acompañando a Deputación neste proceso de fortalecemento das políticas de igualdade no territorio; porque dar pasos cara á construción dunha Rede Provincial de Concellos pola Igualdade e a Diversidade e contra as violencias machistas e LGBTfóbicas é algo que nos interpela, nos activa e nos mobiliza profundamente. Porque sabemos da importancia de tecer rede cando os retos son complexos e porque soas o obxectivo parece estar máis lonxe.

Ao longo da mañá compartimos experiencias inspiradoras, referentes de traballo colaborativo e metodoloxías de indagación participativa que nos permitiron pensar colectivamente que rede precisamos, que desexos a sosteñen e que condicións fan posible coidala no tempo.
O noso especial agradecemento aquí a Eukene de Miguel (EUDEL), Luna Martinicorena (Instituto Navarro de Igualdade), Lucía Canoura (Concello de Mañón) e Marta Piñeiro (Comité de Ética en Intervención Social do Consorcio das Mariñas) pola súa xenerosidade e compromiso.

-

07/05/2026

Quen coida na universidade? Como se sosteñen as vidas no medio das esixencias académicas, da carga de traballo, dos prazos? Que espazo teñen o autocoidado, a corresponsabilidade e a interdependencia?

Este curso acompañamos a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo nun proceso de investigación que adoptou a forma final do Mapa dos Coidados da UVigo. Un traballo que non só describe a realidade do persoal docente e investigador, do PTXAS e do estudantado, senón que interpela: porque os coidados non son unha cuestión privada nin unha responsabilidade que poida seguir recaendo case en exclusiva sobre as mulleres. Son unha condición básica para a reprodución da vida e, como tal, un asunto colectivo e político.

Para nós, este proceso forma parte dunha liña de traballo que vimos tecendo dende hai anos: investigación, formación e sensibilización arredor das masculinidades igualitarias e a necesidade de implicación real dos homes nos traballos de coidados. Faino, ademais, afianzando unha colaboración coa Unidade de Igualdade da UVigo que apreciamos profundamente, grazas á que seguimos explorando ese lugar fértil no que se atopan e cruzan a facilitación de grupos, a investigación social e a produción e socialización de coñecemento.

Porque non se trata soamente de analizar a realidade, senón de crear as condicións para imaxinar, e construír xuntas, universidades e institucións máis habitables, máis xustas, máis coidadoras.

Podes consultar o informe na web da Unidade de Igualdade e no enlace da nosa bio.

Photos from Rexenerando's post 24/04/2026

O próximo 13 de maio acompañamos á Deputación da Coruña na organización do IV Encontro de Axentes de Igualdade, un espazo consolidado que este ano dá un paso estratéxico: avanzar cara á creación dunha Rede de Concellos pola Igualdade e a Diversidade na provincia da Coruña.

Este encontro está aberto a axentes e persoal técnico de igualdade dos concellos da provincia, co obxectivo de fortalecer vínculos profesionais, compartir aprendizaxes e impulsar o traballo colaborativo no ámbito local.

Desde Rexenerando, en colaboración con Arabías —con quen tecemos a nosa propia rede de alianzas—, asumimos o deseño e a facilitación deste proceso, combinando coñecemento técnico, experiencia en políticas públicas de igualdade e metodoloxías participativas orientadas á construción colectiva.

Contaremos coas intervencións de Eukene de Miguel (EUDEL, Asociación de Municipios Vascos), que presentará a experiencia de Berdinsarea, e de Luna Martinicorena, do Instituto Navarro de Igualdade, que achegará aprendizaxes da Rede de Municipios Libres de LGTBIfobia de Navarra.

En clave local, Lucía Canoura, do Concello de Mañón, presentará a experiencia “De Faro a Faro”, xurdida na comarca do Ortegal, e Marta Piñeiro, do Concello de Betanzos, compartirá o traballo desenvolvido desde o Comité de Ética en Intervención Social do Consorcio das Mariñas.

Tras estas intervencións, e a través de ferramentas propias da facilitación de grupos, abriremos un espazo de reflexión e creatividade colectiva para recoller propostas concretas que permitan sentar as bases dunha rede sólida e sostible no tempo.

Un proceso que concreta a aposta da Deputación da Coruña polo traballo en rede e polo fortalecemento das políticas públicas de igualdade desde o ámbito local.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Ferrol?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Dirección


Ferrol

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30