Louw____

Louw____

Compartir

Photos from Louw____'s post 04/05/2020

JENARO PEREZ VILLAAMIL

Nacido en Ferrol en 1807, chegando a vivir ata menos dos 50 anos, e viviendo unha das épocas máis turbulentas da historia do noso país, Jenaro logrou convertirse nun dos máis importantes pintores románticos da historia do noso país. As súas pinturas adornan hoxe os salóns do museo do Prado en Madrid e é recoñecido como o gran paisaxista que foi.
Na súa vida, pasaría dende entrar no exército liberal, a viaxar a Puerto Rico a decorar un teatro, e ata incluso, ser pintor de cámara de reina Isabel II.
Gracias a gran influencia do paisaxista escocés David Roberts, a súa obra centrase principalmente no paisaxismo e no retrato de edificios chegando a convertirse, como dicíamos, no maior representante do paisaxismo romántico no noso país.

Photos from Louw____'s post 04/05/2020

SUSO BASTERRECHEA

Seguindo coa liña de autores e figuras importantes da cultura ferrolana, chegamos ao momento de falar de Suso Bastarrechea.
Suso actualmente é político, profesor e polo que decidimos falar del, pintor. Cursou o grado de belas artes en Salamanca pero previamente xa iniciara os seus pasos na pintura, na súa niñez, asistindo a clases particulares de pintura. Todos estos anos de aprendizaxe levaríano a crear a súa propia identidade e estilo, tremendamente cargado de ironía e sátira política, o cal permitiríalle gañar recoñecemento por todo o país. E ata chegar á actualidade, que como dicíamos, ocúpase de varios traballos distintos aos de pintor, que son o de político e profesor de instituto.
A súa personalidade extravagante e a súa particilar visión do mundo, lévano a convertirse na maior inspiración de moitos dos xoves ferrolanos que pasan pola súa aula, ou pola contra, nun personaxe incoherente e odiado polos seus rivais políticos.

¿Quieres que tu empresa sea el Servicio De Fotografía mas cotizado en Ferrol?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección


Ferrol