RetoqueRetro

RetoqueRetro

Compartir

Photos from RetoqueRetro's post 26/11/2025

Hoxe presentamos a...

✨✨✨SARGO, Diplodus sargus✨✨✨

O sargo é un peixe costeiro moi común en Galicia, de corpo ovalado e comprimido, cunha banda negra característica na cola. Vive en fondos rochosos e aliméntase de crustáceos, moluscos e pequenos invertebrados. É unha especie moi apreciada pola xente do mar e forma parte da cultura mariñeira tradicional.

En galego recibe outros nomes como: chaparella, sargha, sargho picudo, sargu, xargho, pataraña, sargueta (o pequeno) e cachanécora (especialmente pequeno).

Esta peza nace a partir de boias, un bidón e diferentes utensilios cotiáns recuperados do litoral. Entre eles aparecen escobas, un recolledor e mesmo o escurridor dunha fregona, lembrando que obxectos tan domésticos como estes acaban, por desgraza, no mar. Tamén se integran partes de xoguetes e detalles pensados para conectar co público infantil.
Cantas pezas identificades vós?

Grazas a Ledicia polas fotos 📸 , á nosa deseñadora gráfica 🖥️ é a para que estes deseños se materialicen nunhas magníficas folsas de algodón reciclado que nos axudan a financiar a nosa asociación!
Moi pronto vos amosaremos modelos e como adquirilas!

En canto a Don Sargo, moi pronto fará o seu debut nunha nova exposición! Estade atentxs! 🌊💙🐟

̃a ̃a

Photos from RetoqueRetro's post 10/10/2025

💙🐟 A Ruta dos Peixes e dos Faros: grazas infinitas pola acollida! 🐟💙

Rematamos este verán coa emoción de ver como tantos lugares fermosos da nosa costa se converteron en singulares minigalerías de arte e reciclaxe grazas á vosa colaboración e cariño.

A Ruta dos Peixes e dos Faros non sería posible sen vós:
🌊 Faro Vilán - Camariñas e Curbeiro Camariñas en Camariñas
🏕️ en Muxía
🏠 en Fisterra
🌅 en Corcubión
🪸 en Cee
🎨 en Santiago
🐟 no Grove
😺 e na Coruña

Mil grazas por abrirnos as portas, por darnos espazo para expoñer as nosas obras e por apoiar o noso proxecto vendendo as nosas bolsas — que nos axudan a manter viva a nosa aventura artístico-recolectora de lixo nas praias ♻️✨

Grazas tamén a tódo-los medios de comunicación que nos déchedes cobertura.

E grazas infinitas a quenes mercáchedes as nosas bolsas solidarias....e ata as nosas esculturas!! 🌊💙

Seguimos transformando refugallos en vida, e arte en conciencia.
💫 Vémonos na próxima marea! 💫

Photos from RetoqueRetro's post 09/09/2025

Esta escultura de corvo mariño cristado (cormorán moñudo) feita con plásticos mariños, xorde dunha historia curiosa: o corpo principal era un xoguete de pato sen cabeza atopado na praia. Ao investigalo soubemos que se empregan como señuelos en acuíferos e parques naturais para atraer aves.

As súas partes están feitas cos refugallos que máis atopamos nas nosas costas:

ás de pneumáticos e plásticos,

patas de paus de batea de mexillón,

peito cunha roda de xoguete e nasas de polbo ilegais,

colo con tuberías,

peteiro con perchas de mercado,

cabeza dunha lámpada de obra, transparente para mostrar a guinda do pastel: un peixe de cebo de cana de pescar con anzó, como se o estivese a tragar.

É un recordatorio do que acontece no mar: case todas as aves mariñas inxiren plásticos ou aparellos de pesca. Moitas pasan estes residuos ás crías, que poden morrer por inanición ao encher o estómago de lixo. Tráxico, non? 😫

O corvo mariño cristado é unha das aves máis emblemáticas da costa galega, cunha poboación que resiste grazas á protección, pero sempre vulnerable á contaminación mariña.

A obra está instalada no onde forma parte dunha exposición que fomos construíndo pouco a pouco este verán e que xa viron milleiros de visitantes. Un espazo para aprender, coñecer e concienciar 🌊💙.

📍As primeiras fotos son no paradisíaco entorno da Salazón e o Acuario do Grove. As últimas, en Camariñas, onde fixo parada no .No vídeo podedes escoitar o momento no que Lucía e Rocío decidiron bautizalo “Villy”, en honra ao emblemático Vilano 😁.

Photos from RetoqueRetro's post 25/08/2025

🌊✨ Xa estamos no ABANCA Pantín Classic Pro 2025 da man de .gal !

Na nosa carpa podedes coñecer aos nosos protagonistas feitos con plásticos recollidos do mar:

🐟 O Salmón atlántico, símbolo de forza e resistencia.
🏄 O Surfista, feito de rede e cores, lembrando a conexión entre o océano e o deporte.
🐴 O Cabaliño de mar, fráxil e máxico coma os ecosistemas que debemos coidar.
🐢 A tartaruga e o Peixe demo, testemuñas silenciosas da contaminación mariña.
🐧 E o noso querido Pingüín Filomeno, que nos recorda a beleza e a vulnerabilidade da fauna mariña.

O surf vive en harmonía co océano, e tamén é un altavoz para xerar conciencia sobre a súa protección. Cada escultura lembra que o lixo que chega ao mar tamén pode transformarse en arte e en mensaxe.

📅 Estaremos aquí ata o domingo 31.
Hoxe gozamos dun obradoiro de arte efémera con nenos, e mañá ás 12:00 e o sábado ás 16:30 repetiremos!

Achegádevos e deixádevos inspirar pola forza do mar e a creatividade da sustentabilidade 🌊💙

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


A Coruña
15002