Inés Rey

Inés Rey

Compartir

Photos from Inés Rey's post 25/05/2026

A Coruña, impresionante o vivido esta tarde en María Pita 💙🤍

Un orgullo inmenso recibir á nosa plantilla, ao corpo técnico e sobre todo, a unha afección que nunca deixou de crer. Máis de 15.000 persoas tinguistes de branquiazul o corazón da cidade para renderse ao Real Club Deportivo tras un ascenso histórico.

Foron oito anos de espera pero o Dépor nunca camiñou só. Miles de coruñeses e coruñesas demostrastes cada partido, cada tempada, que o deportivismo non entende de categorías: entende de orgullo e sentimento. En Primeira, en Segunda ou en Terceira. Sempre xuntos.

O Dépor é un símbolo da Coruña e de Galicia. Un club capaz de unir xeracións enteiras arredor dun escudo e dunha forma de sentir. Porque non xogades só cun balón, xogades coa felicidade dunha cidade enteira.

Grazas por devolvernos ao lugar que merecemos. Hoxe María Pita, Riazor e toda A Coruña latexan máis forte ca nunca. Un equipo de Primeira para unha cidade de Primeira.

15/05/2026

Semana chea de cultura, deporte e feminismo. Seguimos esta finde coa celebración das Letras Galegas! Vémonos 😉💙

Photos from Inés Rey's post 14/05/2026

A Coruña converteuse onte de novo nun espazo de encontro, reflexión e compromiso arredor da cultura, o feminismo e o papel das cidades na construción dunha sociedade máis igualitaria.

Grazas a todas as alcaldesas, relatoras, creadoras, profesionais da cultura e representantes institucionais e sociais que participastes neste III Encontro de Alcaldesas. Grazas por compartir experiencias, pensamento e liderado para seguir avanzando xuntas.

Porque a cultura non só reflicte a sociedade na que vivimos; tamén ten a capacidade de transformala. 💜

Photos from Inés Rey's post 07/05/2026

A Coruña volve celebrar a nosa lingua e a nosa cultura coa segunda edición de A Festa das Letras.

Do 14 ao 17 de maio, encheremos rúas, teatros e prazas de música, tradición e creación contemporánea da man das nosas agrupacións culturais e tamén de grandes nomes do panorama galego actual como Tanxugueiras, que ofrecerán un coloquio sobre “O Cuarto” disco. Tamén concertos de Dakidarría, 9Louro, MJ Pérez, Ailá ou a Orquestra Bravú Xangai.

Unha celebración colectiva da lingua propia de Galicia, do talento do país e dunha cidade que vive a cultura con orgullo e en galego.

¿Quieres que tu figura pública sea el Figura Pública mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


A Coruña