Linda Rama
Como sabedes a que era Linda Rama cambiou de donos, e agora con Eric e Ángel comandando o navío pasa a se converter na "Perla Negra": un espazo onde terán cabida as manifestacións artísticas e os mellores Gin&Tonics.
O noso proxecto acabou e o noso barco arribou a novos portos, así que nesta nova ligazón encontraredes todas as novidades a partir de agora: https://www.facebook.com/perlanegra15001
Despois do S. Xoán chegará a inauguración e, pola nosa banda, alí estaremos tomando a primeira copa de moitas!
Desexámoslle a estes capitáns a mellor das singradauras.
Avante toda Perla Negra!
PERLA NEGRA Artistas & Gintonics Un local único en donde disfrutar del Arte y los Gin-tonics
13/05/2017
[Traspásase negocio] Chegan ventos de cambio á Linda Rama!
Pero perdede coidado, Linda Rama non fecha! :D
Como xa saberedes moit*s, este proxecto –crear un espazo de ocio alternativo e en 100% en galego, vehiculado a través dun bar, dunha libraría especializada e dunha galería que funcionasen en conxunto–, naceu xusto pasada a noite de San Xoán de 2014. Só tres meses despois a Linda Rama xa era unha realidade.
E que realidade! Con máis de 200 actos culturais desenvolvidos: Cineclube (con Xan Gómez Viñas e José Manuel Sande), Salasal (con Mark Zlick), Concertos, Obradoiros, Mercados populares, Festas temáticas, Presentacións, Recitais, Teatro, Ciclos de Narración Oral, Exposicións... e un espazo de bar que se foi especializando en combinados con elaboración Premium e que se converteu en referente cada fin de semana. Felicidade e tant*s amig*s nov*s!
Foi precisamente nesa forza que ten a amizade na que forxamos este espazo Daniel R. Cao e Alberto Pombo, logo dunha viaxe a Lisboa, pero o servizo á vocación politolóxica no primeiro caso, e a re-incorporación á docencia de lingua e literatura agora nun instituto coruñés, lévannos a dispoñibilizar para traspaso este local que abriu por vez primeira no ano 1901 e que se sitúa entre os dous barrios máis históricos da cidade: O corazón da Peixaría e a porta de entrada na Cidade Vella.
Pero insistimos, Linda Rama non fecha! Aberta esta nova vía, nós seguimos coma sempre agardando por vós no número 4 da Rúa Porta de Aires, cos mellores actos e a mellor programación cultural!
Hoxe mesmo, con Javi detrás dos mandos elaborando os mellores Gins até as 3h30. E lembrade que na semana próxima estarán na Linda Rama: Carmen Conde (Premios Darwin, xoves 18), Manu Cruz Fotografía (venres 19) e o colectivo de animación que promociona o 2d e o 3d na Coruña, con directores e premiados nos Mestre Mateo, e facendo proxeccións e coloquio! (cine, sábado 20). Case nada!
Máis información e dossier técnico: [email protected]
09/05/2017
Mañá temos xornada de poesía e música con "Poesis" de Elisabeth Oliveira, na que participarán tamén a escritora Emma Pedreira e os músicos Manoele de Felisa e Gustavo Almeida.
Esperámosvos, coma sempre, no número 4 da rúa porta de aires da Cidade Vella: Na Linda Rama, onde mellor? :)
31/03/2017
Coñeces o novo gin Carmela? Desde as Illas Canarias chéganos esta delicia á Linda Rama cos sabores exóticos da Guaiaba e o Mango! DE-LI-CIA! ❤️️
Non quedes sen saboreala, en copa de balón, con xeo ultra compacto especial para combinados, botánicos seleccionados... e só por 5€!!
Esperámoste, desde xa e até as 3:30, co mellor ambiente e a mellor música!
27/03/2017
Hoxe toca descanso forzado na Linda Rama, e é que tivemos unha pequena avaría eléctrica no local que xa estamos tentando solucionar para volver mañá con máxima forza e enerxía renovada!
Pero, mesmo que alí non haxa gin&tonics, o que tedes no Centro Ágora hoxe ás 20h30, é o recital dun amigo desta casa: Celso Fernández Sanmartín, xunto coa poeta zapoteca Natalia Toledo.
Emprazámosvos alí, e vémonos mañá -novamente- no número 4 da rúa porta de aires!
24/03/2017
Por fin chegou a finde! E na Linda Rama xa vos esperamos coa mellor selección de combinados desde só 5€. Ven saborear nesta tarde un dos nosos 60 gins con tónica Premium!
Esperámosvos co mellor ambiente, as mellores copas e a mellor música no número 4 da rúa porta de aires da cidade vella. E até as 3h30!
E mañá, Fado con Falúa a partir das 21h00!
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Rua Porta De Aires, 4
A Coruña
15001
Horario de Apertura
| Lunes | 17:00 - 01:30 |
| Martes | 17:00 - 01:30 |
| Miércoles | 17:00 - 01:30 |
| Jueves | 17:00 - 01:30 |
| Viernes | 17:00 - 03:30 |
| Sábado | 17:00 - 03:30 |