Undodez
02/04/2026
🎬 ‘Ao son da nova regueifa’ chega á Semana do Cinema Galego
O noso documental formará parte da programación da sétima edición desta cita co audiovisual galego, cunha proxección o vindeiro 9 de abril ás 21.00h na Domus (A Coruña).
Unha nova oportunidade para descubrir unha viaxe pola regueifa contemporánea, entre tradición e modernidade, a través das voces que a manteñen viva e a transforman cada día.
A Semana do Cinema Galego, impulsada pola Academia Galega do Audiovisual, reúne durante catro días algunhas das producións máis destacadas do noso cinema recente.
‘Ao son da nova regueifa’ proxéctase na Semana do Cinema Galego · Undodez O documental ‘Ao son da nova regueifa’ proxectarase o 9 de abril na Domus da Coruña dentro da Semana do Cinema Galego.
27/03/2026
🖥️ Un novo espazo para ver o que facemos
En Undodez lanzamos 'Pantalla', un apartado na web no que reunimos os contidos producidos por nós e dispoñibles en aberto en distintas plataformas.
Series como 'Pipo' ou 'Bibopalula', programas como 'Recollendo Músicas' ou 'Nosoutras', ficción, videoclips… todo nun mesmo sitio, ordenado e fácil de explorar 🔍
O proxecto responde a unha vontade clara: facer máis accesible a cultura que produce 🎞️
Undodez lanza ‘Pantalla’, un espazo para acceder aos contidos dispoñibles en aberto · Undodez Undodez lanza ‘Pantalla’, un novo espazo na súa web que reúne os seus contidos dispoñibles en aberto e facilita o acceso aos mesmos.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Página web
Dirección
Enrique Mariñas 32G, 2º
A Coruña
15009
Horario de Apertura
| Lunes | 09:00 - 14:30 |
| Martes | 09:00 - 14:30 |
| Miércoles | 09:00 - 14:30 |
| 16:00 - 19:00 | |
| Jueves | 09:00 - 14:30 |
| 16:00 - 19:00 | |
| Viernes | 09:00 - 14:30 |